domingo, 29 de mayo de 2011

Actos do fin de tempada das escolas deportivas municipais

Organizado polo Instituto Municipal de Deportes, organismo dependente do Concello de Pontevedra, celebraranse os actos co gallo  do PECHE DE ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, o vindeiro martes, 31 de maio de 2011.

1.000 nenos/as participarán oeste día, a partir das 16.00 horas no festival de peche de Escolas Deportivas Municipais do ano 2010-2011 e nas modalidades de: Judo, Loita, Ximnasia Artística e Rítmica, Taekwondo, Voleibol, Fútbol e Fútbol Sala, Tenis de mesa, Baloncesto, Balonman, Rugbi, Xadrez, Atletismo e Educación Física de Base e Tríatlon.

As Exhibicións, talleres, torneos e partidillos, entre outras serán coordinados polas entidades responsables das diferentes escolas: Judo Club Pontevedra, Club de Loita Pontevedra, Treboada, Ximnasia Pontevedra, Ximnasia Rías Baixas, Anpa Os Campos, Anpa O Miradoiro, Voleibol Pontevedra, CDAR Xece, Leis 26 de F.S., Anpa Virxe do Carme, Anpa Volvoreta, Club Tenis de Mesa Monteporreiro, S.D.Teucro, Cisne, A.J. Lérez, Pontevedra C.F., Portero 2000, S.D. Salcedo, Salgueiriños, Rugbi Pontevedra, Mareantes Rugby Club, Federación Galega de Tríatlon, Escola Xadrez Pontevedra, Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Baloncesto Estudiantes dos Institutos, Arxil, Juan XXIII e Baloncesto Base Pontevedra.  

A novidade deste año é a inclusión de: 
a) Un duatlón organizado pola Escola de Tríatlon Pontevedra.
b) Un partido de Fútbol Sala entre a Escola deportiva Grupos Especiais do Juan XXIII e xogadoras/es do Leis 26 de F.S.

Farase unha foto de familia e entregarase aos nenos/as un agasallo e unha merenda (auga e froita enviados por Begano e Froiz).

Máis información nos archivos adxuntos ou no Pavillón Municipal de Deportes (986872013)

  
Calendario de actos Fútbol-Sala

Categorías PREBENXAMIN BENXAMIN
Clubs participantes:
CDAR XEVE , VIRXE DO CARMEN, LEIS PONTEVEDRA e ANPA VOLVORETA

Partidos a celebrar:
HORA
17:30 XEVE - VIRXE DO CARMEN
17:45 VIRXE DO CARMEN - LEIS
18:00 XEVE - LEIS
18:15 XEVE - VIRXE DO CARMEN
18:35 LEIS VOLVORETA
18:55 XEVE - VOLVORETA
19:15 VIRXE DO CARMEN - LEIS
19:35 XEVE - LEIS
19:55 VIRXE DO CARMEN - VOLVORETA

* Os partidos de Prebenxamin terán unha duración de 15'
* Os partidos de Benxamin terán unha duración de 20'
* Cada equipo debera traer dous balóns
* Os responsables de cada club deberan pedir os nosos operarios as caixas coa merenda e os agasallos, que se encontrara no Pavillón Multiusos.
* Recordalle os clubes que o Festival non e de carácter competitivo e os resultados non son importantes.