sábado, 10 de septiembre de 2011

Aberto o prazo de Inscripción para as EDM 2011-12


BLOG DO IMD

O prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para os interesados ábrese o próximo luns, día 12, e péchase no momento en que se cubran as prazas. A actividade comezará o luns, 3 de outubro.

Os rapaces interesados poderán escoller entre unha ampla oferta deportiva. Son 16 as disciplinas deportivas: Atletismo, Educación Física de Base, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Judo, Ximnasia Artística e Trampolín, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis, Tenis de Mesa, Loita olímpica, Voleibol, Xadrez, Triatlón e Rugby. Este ano ofrécese Tríatlon como novidade. A organización das Escolas corre a cargo de 28 asociacións deportivas do noso Concello, especialistas cada unha delas na modalidade deportiva que desenvolven:

Baloncesto Estudiantes Baloncesto Base Pontevedra Arxil

Atletismo e educación física de base Sociedade Gimnástica

Fútbol masculino A. Juvenil de Lérez Fundación Pontetec Portero 2000 Salgueiriños S.C.D. Salcedo S.D. Monte Porreiro

Ximnasia artística Treboada Ximnasia Pontevedra

Ximnasia rítmica Treboada Ximnasia Pontevedra Vagalume Rías Baixas

Judo Judo Club Pontevedra

Tenis Club de Tenis de Pontevedra Tenis de Mesa C. Tenis de Mesa Monte Porreiro

Balonmán Teucro Cisne

Fútbol sala mascul./fem. Leis 26 C.CC. Act. Física e Deporte CDAR Xeve

Rugbi C. Mareantes Rugby Club Pontevedra

Loita Loita Pontevedra

Voleibol C. Voleibol Pontevedra

Triatlón Fed. Galega de Triatlón

Xadrez Escola Xadrez Pontevedra

Ofértanse 2.000 prazas en todas as modalidades e o prezo de inscrición é de 45 euros/anuais por neno en cada unha das escolas que participe. As oficinas do Instituto Municipal de Deportes, situadas no Pavillón Municipal, ofrecen máis información (horario de 9 a 13 horas ou de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres) ou tamén se pode obter chamando aos teléfonos 986 87 20 13.

Os interesados/as en participar nas Escolas Deportivas Municipais que se desenvolverán de Outubro a maio de 2011 terán que presentar:

- Solicitude de inscripción na EDM

- Copia do pago na entidade bancaria Caixanova ao nome da/o participante de 45 € no nº de conta da entidade organizadora da escola.

- D.N.I. da persoa participante, ou da persoa tutora.

- Fotocopia da seguridade social ou seguro substitutivo.